viernes 18 de enero de 2008

Utilizan as estradas como fonte de calor

O sistema reduce as emisións de CO2 nun 50%, segundo os seus creadores.

Unha compañía dos Países Baixos desenvolveu un sistema que permite aproveitar a calor que absorbe o asfalto das estradas no verán para quentar os edificios no inverno. Bautizado como Road Energy System, o dispositivo permite ademais desconxelar as estradas co excedente de enerxía térmica. Pero tamén se pode aproveitar no verán como refrixerador, porque establece un ciclo de auga para que esta vaia continuamente de quente a fría e viceversa. As probas realizadas xa demostraron que é eficiente e que resulta máis ecolóxico que os sistemas tradicionais de calefacción.

Ler máis na fonte orixinal: Tendencias 21