Dicía eu na anterior publicación: Segundo as últimas novas que manexo, das catro familias que pretendían aloxar en Monte Porreiro, unha volveu ao Vao e as outras tres están nun hotel, supoño que ata que pasen as eleccións, claro.Efectivamente. Onte pola noite fun levar a casa a un colega que vive en Monte Porreiro e, cando pasamos por diante do edificio no que estaban aloxados os xitanos do Vao, vimos que había varios coches da policía e moitas caras de indignación alí reunidas. "Velaquí os están de volta", pensei. Parafraseando o refrán, poderiamos dicir aquilo de que "Campaña pasada non move muíño". Estaba máis claro... ¬¬
Faise eco da nova La voz de Galicia:
A Xunta logrou recolocar provisionalmente ás familias [en] hoteis hai unha semana, para evitar o rebrote das mobilizacións veciñais. Prometeu á asociación que non regresarían ao barrio. «Se se confirma que non se van a marchar -dixo Ángel Mario Lago- estariamos ante unha artimaña para evitar a presión en campaña». «Esperemos que a Xunta cumpra, porque se non estariamos ante un conflito de verdadeira dimensión, e que non sería dirixido pola asociación O Mirador, senón polos propios veciños».
Nova completa aquí.


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada